sábado, 28 de mayo de 2016

Diario de sesións 3

Hoxe corriximos as preguntas que elaboraramos e escollemos as mellores para o xogo (fixemos de máis). Raúl buscou os documentos xeográficos para as súas porque non puidera buscalos antes e Miguel e André foron corrixindo as demais e escribindo algunhas novas. Antía, que non veu, non fixo as preguntas que se lle asignaran na clase anterior. Acordamos que cada un ía corrixir algunhas das preguntas da outra clase.

Preguntas do xogo

jueves, 19 de mayo de 2016

Diario de sesións 2

Hoxe seguimos elaborando o noso xogo en Scratch. Raúl seguiu configurando o programa para poder facer un xogo de preguntas tipo test con tres opcións, Miguel e André empezamos a elaborar preguntas sobre a poboación activa empregada por sectores económicos e outras máis xerais. Antía comezou axudándonos pero logo empezou a escribir as preguntas sobre as definicións de indicadores económicos. Acordamos que cada quen fixera na casa as máximas preguntas posibles porque temos que telo rematado para a semana que vén. Todos traballamos.

Diario de sesións 1

Hoxe comezamos a elaborar o xogo con preguntas sobre África. Decidimos que o vamos facer empregando a plataforma Scratch, xa que nos permitía gran variedade de deseños. Como Raúl era o que máis controlaba este programa, decidimos que sería el o que comezaría configurando o xogo mentres que os demais comezabamos a investigar sobre as preguntas e repartiamos os cargos de cada membro do grupo. O traballo foi bo.